dijous, 13 de setembre de 2012

Vexo os nenos pasar

 















Vexo os nenos pasar. Venen da escola ou vanse.
Levan libros na man e caramelos.
Levan o sol debaixo dos zapatos.
As súas voces encheron o lugar no que escribo.
As mulleres que os coidan van detrás.
Ás veces algún neno quere voar e escapa.
Pero elas non os chaman porque saben
que os nenos sempre volven.
Ser libre, algunhas veces, significa volver.

María do Cebreiro

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada